Escrito o:
CURSO Desenvolvemento Profesional
No marco da programación para Lugo do Plan Intersectorial CEOE - Cepyme, a CEL organiza en Lugo un Curso de Desenvolvemento Profesional, a través do cal se profundará en cuestións relacionadas cunha procura de emprego efectiva.
O curso, que se prolongará desde finais de abril até o mes de xuño, é de carácter semipresencial: terá unha duración total de 60 horas, 45 impartiranse vía online e 15 de forma presencial, distribuídas nun total de cinco sesións que terá lugar os días 27 de abril; 5, 13 e 21 de maio e 1 de xuño, en horario de 19:30 a 22:30 horas, na Escola de Empresarios e Centro de Formación da CEL (Rúa Manuel Murguía, 6 - Baixo).
Aínda que especialmente dirixido a desempregados, tamén poden participar traballadores e autónomos con interese nunha mellora profesional.
Programa
O programa do curso abordará desde cuestións máis coñecidas como modelos de currículo vitae ou como afrontar unha entrevista laboral, a outras menos habtiuales como confección dun plan de desenvolvemento profesional. Analizaranse tamén diferentes ferramentas e recursos para a procura de emprego, canles tradicionais e dixitais aos que recorrer no proceso ou o funcionamento dos procesos de selección e contratación, entre outras temáticas.
As prazas son limitadas e requírese inscrición previa para reserva, que poderá efectuarse a través da ligazón: