Escrito o:
CURSO Office 365
A CEL porá en marcha en próximas datas o curso "Office 365, Ferramentas Ofimáticas na Nube", a través do que busca dar a coñecer as diferentes posibilidades de xestión e traballo en liña que ofrece este paquete de software. Trátase dunha das accións formativas que forman parte do Plan de Formación Intersectorial da CEL 2015.
A fin de facilitar unha comprensión práctica dos contidos do curso, 40 das 90 horas totais serán presenciais e impartiranse os luns, mércores e venres, en horario de 20:00 a 22:30 horas, na Escola de Empresarios e Centro de Formación da CEL. Aínda que pendente de peche a data de inicio, probablemente impartirase entre os meses de abril e maio.
O curso está dirixido preferentemente a traballadores en activo e autónomos que busquen actualizar os seus coñecementos de ofimática e achegarse a novas ferramentas que facilitan o traballo desde calquera lugar e tipo de dispositivo, así como a realización de tarefas de tipo colaborativo en liña.
Programa
- Módulo I. CLOUD (A Nube): Conceptos para entendela. Navegando por Office 365.
- Módulo II. OWA (Outlook Web Access)
- Módulo III. LYNC. Mensaxería instantánea. Acceso remoto a videoconferencia. SharePoint. Xestión documental.