Escrito o:
CURSO Reinxeñería Empresarial
Coa finalidade de dar a coñecer a reingeniería de procesos e o seu papel na mellora da competitividade das empresas, a CEL organiza un Curso sobre Reinxeñería Empresarial, que se impartirá entre os días 20 de abril e 17 de xuño combinando sesións de formación presenciais e online.
Cun total de 60 horas, 15 serán presenciais distribuídas en cinco sesións que terán lugar os días 30 de abril, 11, 19 e 27 de maio e 4 de xuño en horario de 19:30 a 22:30 horas na Escola de Empresarios e Centro de Formación da CEL.
O programa do curso (descargable completo en pdf ao final desta entrada), analizará dende os fundamentos e a metodoloxía da reinxeñería de procesos, até sistemas de xestión da calidade e casos de éxito.
Esta acción formativa enmárcase no Plan de Formación Intersectorial CEOE - Cepyme 2014, en virtude do cal a Confederación organiza en Lugo un total de catro cursos que darán comezo de forma simultánea a finais de abril.