Escrito o:
Programa Prácticas en Empresas ADE 2015
A Facultade de Dirección e Administración de Empresa do Campus de Lugo da USC vén de abrir o prazo para que as empresas da provincia de Lugo interesadas poidan solicitar a súa adhesión ao Programa de Prácticas ADE Curso 2014-2015, en virtude do cal poderán acoller nos seus centros de traballos a alumnos deste centro educativo que se atopan cursando os últimos anos do Grao de ADE.
O período no que deberán ter lugar as prácticas, dunha duración total de 150 horas, deberá estar comprendido entre o 1 de xuño e o 31 de xullo de 2015. O calendario e horario das mesmas será acordado entre o/o alumno/a e a empresa dentro deste período (a xornada partida ou xornada completa ou outras opcións que estimen oportunas).
As actividades a desenvolver por parte dos alumnos terán que axustarse aos obxectivos geenrales do proxecto formativo recolleito na memoria do Grao en ADE, que busca, concretamente, a "formación de profesionais que sexan capaces de desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións produtivas". Estes labores poderán desenvolverse no ámbito global da organización ou en calquera das súas áreas funcionais".
Non existirá compromiso laboral algún entre a empresa e o alumnado, que estará cuberto por un seguro de centro educativo.
Convenio
A CEL colabora co Programa de Prácticas da Facultade de ADE desde hai anos, en virtude e un convenio de colaboración recentemente renovado que busca "favorecer o contacto dos estudantes coa realidade empresarial" e a "adecuación da formación recibida polos alumnos no ámbito académico coas necesidades reais das empresas".
Adhesión
As empresas interesadas en contar cun ou varios alumnos de ADE en prácticas, deberán enviar o formulario descargable ao final desta entrada, debidamente cumprimentado e asinado, escaneado por email á dirección fadedeca@usc.es antes do día 10 de abril de 2015.
Para máis información e resolución de dúbidas, consultar coa Secretaría do Decanato da Facultade de ADE no número de teléfono 982 824 403.