Escrito o:
Premio Onda Emprende 2015
Onda Cero convoca para Galicia o Premio Onda Emprende 2015 (Premios Onda Cero Galicia á Innovación Empresarial), a través do que busca recoñecer e pór en valor proxectos empresariais galegos caracterizados pola innovación, a creatividade e a tecnoloxía. Entre todos os proxectos presentados, seleccionaranse tres finalistas e un gañador, que terá acceso a unha campaña publicitaria en Onda Cero valorada en 6.000 euros e un aval de ata 25.000 euros para acceder a financiamento bancario de Sogarpo.
Poderán presentarse microempresas e pemes con domicilio fiscal en Galicia e un proxecto innovador que iniciasen a súa actividade a partir do 1 de xaneiro de 2008. O prazo de presentación de candidaturas finaliza o vindeiro luns, 23 de febreiro de 2015.