Voltar atrás

Escrito o:

Curso de Seguridad da Información e Protección de Datos: cambio de horario

No marco do seu Plan de Formación Intersectorial 2015, a CEL inclúe un Curso de Seguridade da Información e Protección de Datos, orientado a persoas interesadas en mellorar a súa formación sobre a normativa en vigor para unha segura xestión de bases de datos no seo dunha empresa, con especial atención á aplicación da Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD).

Cunha duración total de 85 horas, impartirase na modalidade de formacion mixta, con 60 horas de teleformación e 25 presenciais. O curso prolongarase entre os días 2 de marzo e 23 de abril de 2015. As sesións presenciais han modificado o seu horario, que pasa a ser de tarde para facilitar a participación de todos os colectivos: terán lugar os luns, mércores e venres do mes de marzo en horario de 20:00 a 22:30 horas.

Como na maioría dos cursos deste plan, poden participar tanto traballadores en activo como desempregados e autónomos, entre outros colectivos. O prazo de inscrición permanece aberto.

Programa

  • MÓDULO 1. INTRODUCCIÓN A PROTECIÓN DE DATOS. DEBER DE NOTIFICACIÓN DE FICHEIRO.
    · Grupo do artigo 29 da Comisión Europea.
    · Directiva 46/95 da Comisión Europea.
    · Constitución Española de 1978.
    · Directiva Europea 46/95.
    · Borrador do regulamento europeo de Protección de Datos.
    · Lei Orgánica de Protección de Datos de carácter persoal, Lei 15/99.
    · Real decreto 1720/2007 de desenvolvemento da LOPD.
    · Instrución 1/2006 sobre videovixilancia.
    · Códigos tipo.
    · Resolucións da AEPD.
    · Grupo do artigo 29 da Comisión Europea.
    · Axencia española de Protección de Datos.
    · Axencias autonómicas de Protección de Datos.
    · Outras axencias europeas.
  • MÓDULO 2. PRINCIPIOS DA LEI ORGÁNICA DE PROTECCIÓN DE DATOS
    · Principio de calidade.
    · Principio de información.
    · Principio de consentimento.
    · Lei 15/99. Identificación de datos de nivel básico, medio ou alto.
    · Criterios diferenciadores.
  • MÓDULO 3. EXERCICIO DE DEREITOS
    · Regulación do dereito de rectificación, cancelación e oposición.na lei 15/99.
    · Regulación do dereito de rectificación.
    · Cancelación e oposición no Real decreto 1720/2007.
  • MÓDULO 4. MEDIDAS DE SEGURIDADE, REXIME SANCIONADOR
    · Principio de dispoñibilidade.
    · Principio de continuidades.
    · Principio de integridade.
    · Outros principios complementarios.

 

MÁS INFO E INSCRIPCIONES