Escrito o:
CEL y Recikla2 suscriben un acordo en materia medioambiental
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e a empresa Recikla2 Lugo subscribiron hoxe un acordo de colaboración a través do cal se busca ampliar os servizos da organización empresarial lucense aos seus asociados en materia de medio ambiente.
En virtude deste acordo, que rubricaron hoxe na sede central da CEL o seu secretario, Jaime López, e un dos socios de Recikla 2 Lugo S.L., Antonio Fernández, as empresas asociadas á CEL terán acceso asesoramento ambiental especializado gratuíto, adicional aos servizos que xa ofrece a Confederación, así como á recollida gratuíta de residuos electrónicos (RAEES), coa emisión do correspondente certificado.
A maiores, as empresas da CEL contarán cun 5% de desconto respecto das tarifas de venda ao público nos distintos produtos de Plastic Omnium (papeleiras, colectores, compostadores, etc), do a que Recikla2 é distribuidor oficial autorizado en exclusiva para Galicia.
A CEL considera prioritario o desenvolvemento de actuacións que favorezan e promovan a protección do medio ambiente, e busca con este acordo ?facilitar o cumprimento, por parte das empresas asociadas, das distintas obrigacións existentes en materia de xestión ambiental e tratamento de residuos?.
Recikla2 Lugo
Recikla2 Lugo S.L. é unha empresa que opera como xestor autorizado para a recollida e xestión de residuos de carácter electrónico (móbiles, equipos informáticos, etc.) pioneira ademais na provincia nesta actividade.
Son distribuidores en exclusiva de Plastic Omnium Medio Ambiente, empresa líder mundial en xestión de residuos urbanos.
Conta cun departamento técnico integrado por un equipo novo de sete persoas, cinco delas enxeñeiros con especialización no medio ambiente.