Escrito o:
Curso de Comercialización e Marketing de Productos Agroalimentarios: últimas prazas
A Escola de Empresarios e Centro de Formación da CEL está en proceso de selección dos alumnos participantes no Curso de Comercialización e Mercadotecnia de Produtos Agroalimentarios, que pertence ao seu Plan de Formación Intersectorial 2015. A través deste curso formarase de forma especializada en mercado agroalimentario, accións de mercadotecnia e estratexias de produto máis adecuadas a este mercado, fixación de prezos ou estratexias de promoción e publicidade, entre outros.
Este curso impartirase entre os días 18 de marzo e 23 de abril, na modalidade de formación mixta (que combina unha parte online e outra presencial). En total, o curso comprende 155 horas, 50 delas presenciais e o resto de teleformación.
Programa
- MÓDULO 1. FUNDAMENTOS DA COMERCIALIZACIÓN E O MARKETING
· Definicións, conceptos e formas.
· O marketing e o sector alimentario.
· Marketing e diferenciación de produtos agroalimentarios. - MÓDULO 2. O MERCADO AGROALIMENTARIO
· Factores que influyen sobre a demanda de agroalimentos.
· Regulación dos mercados agrarios.
· Información de mercados. - MÓDULO 3. MARKETING ESTRATÉXICO SOBRE DISTRIBUCIÓN
· Ciclos de vida da distribución.
· Canles comerciais e mercados en distribución e consumo dos produtos agroalimentarios.
· Comercio internacional, intracomunitario, comercio exterior.
· O comercio xusto. - MÓDULO 4. ESTRATEXIAS DE MARKETING SOBRE O PRODUTO
· O produto e o mix de produto.
. Decisións sobre liñas de produto.
· Decisións sobre embalaxe e etiquetado.
· Marketing ao servizo da agroalimentación. - MÓDULO 5. A FIXACIÓN DOS PREZOS NOS PRODUTOS AGROALIMENTARIOS
· Obxectivos das estratexias de fixación de precios.
· Fixación de precios en produtos agroalimentarios. - MÓDULO 6. ESTRATEXIAS SOBRE PROMOCIÓN E PUBLICIDADE
· Concepto de promoción. Percepción dos consumidores. Aspectos económicos e legais.
· Planificación da promoción de vendas.
· Instrumentos promocionais dirixidos aos consumidores.
· Promocións aos distribuidores.
· A publicidade.
· A organización do departamento de vendas.