Voltar atrás

Escrito o:

Empresarios lucenses visitan a Fundación CTIC

Empresarios de Lugo, entre eles o secretario da CEL, Jaime López, percorreron este xoves as instalacións da Fundación CTIC, Centro Tecnológico de la Información y la Comunicación, entidade situada en Gijón cunha dilatada traxectoria de traballo ligado ao desenvolvemento e difusión de novas tecnoloxías, ademais de oficina de referencia na xestión de fondos europeos para desenvolvemento de proxectos de innovación e TIC no ámbito nacional e internacional. Recentemente, CEL e Fundación CTIC subscribiron un acordo de colaboración para impulsar o desenvolvemento de accións conxuntas no ámbito da innovación e as novas tecnoloxías dirixidas ás pemes e microempresas lucenses.

Pablo Coca, director de negocio y operaciones de CTIC, Eva Castaño, responsable da liña de Competitividade e Peme e Miguel Anxo Aceiro, xestor de proxectos da a liña de Competitividade e Peme, foron os anfitrións dos representantes da CEL neste centro tecnolóxico, no que puideron visitar o seu laboratorio, espazo demostrador no que están instalados prototipos de diferentes liñas de especialización e de traballo de CITC no ámbito da innovación tecnolóxica.

No laboratorio puideron coñecer de primeira man os ámbitos de especialización de CTIC e os proxectos nos que esta entidade está a traballar na actualidade en áreas como mobilidade e análise intelixente de datos. Achegáronse tamén, na área de xestión empresarial, ao funcionamento aplicacións para a xestión integral do proceso de trazabilidad no sector cárnico, así como para a xestión de persoal en labores de mantemento. Tamén tiveron a oportunidade de adentrarse nas oportunidades da realidade aumentada a través do uso da Google Glass ou das lentes de realidade virtual OCULUS. 

Tras a visita ao laboratorio, tivo lugar un encontro de traballo para exploración das vías de colaboración entre CEL e Fundación CTIC e identificación de iniciativas concretas para dinamizar a innovación e a implantación de solucións tecnolóxicas no tecido empresarial de Lugo.