Escrito o:
Últimas prazas para dous cursos da área de informática e xestión empresarial
O día 2 de marzo de 2015 darán comezo dous novos cursos do Plan de Formación Intersectorial da CEL 2015, un sobre Seguridade da Información e Protección de Datos e outro sobre Office 365 - Ferramentas Ofimáticas na Nube.
Ambos os cursos se impartirán na modalidade mixta de formación, que combina sesións presenciais e sesións on-line ou vía teleformación (ao final desta entrada pódese descargar en pdf os programas destas accións formativas, onde se especifican temáticas de cada cursos e datas das clases presenciais).
Esta formación é totalmente gratuíta para o alumnado, posto que se financia a través da Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo.
Están a distribuírse as últimas prazas para ambos os cursos, polo que os interesados en asistir deberán reservar a súa praza canto antes a través da LIGAZÓN.
Seguridade da Información e Protección de Datos
Garantir a seguridade dos nosos ficheiros, os datos dos nosos clientes e provedores, é unha tarefa prioritaria nas empresas non só porque así se establece por lei senón tamén para garantir o éxito do negocio. A través do curso Serguridad da Información e Protección de Datos, analizarase en detalle a Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD), as súas principais disposicións, principios e sancións establecidas.
Office 365
Internet permite hoxe día traballar desde calquera localización, dispositivo e de forma colaborativa grazas ás ferramentas na nube (CLOUD). A través do curso Office 365 - Ferramentas Ofimáticas na Nube analizarase o software de Microsoft Office 365, as súas posibilidades para o traballo en equipo e as súas principais aplicacións.