Escrito o:
Curso de Xestión de Recursos Humanos
O próximo día 20 de febreiro dará comezo un Curso de Xestión de Recursos Humanos de 260 horas de duración da CEL. Enmarcado no Plan de Formación Intersectorial 2015, está dirixido a traballadores en activo, tanto da empresa pública como privada, e autónomos. Impartirase na modalidade mixta, cunha sesión presencial de cinco horas e o resto vía teleformación.
Obxectivos
A adecuada selección e xestión do persoal inflúe de forma determinante no éxito dunha empresa. É por iso que contar cunha boa formación na área de Recursos Humanos é fundamental para o correcto funcionamento e proxección do negocio.
Con este obxectivo no horizonte, o Curso de Xestión de Recursos Humanos da CEL abordará así cuestións fundamentais como análises dos postos de traballo, como avaliar o desempeño, políticas de retribución, incentivos, técnicas de motivación e negociación ou estilos de liderado, entre outras, a fin de que o empresario e as persoas responsables da área de Recursos Humanos conten con coñecementos actualizados para mellorar a xestión do persoal na empresa e, en consecuencia, mellorar a xestión da empresa.
Programa
- MÓDULO 1. ANÁLISE DE POSTOS DE TRABALLO
- MÓDULO 2. VALORACIÓN OU AVALIACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO
- MÓDULO 3. AVALIACIÓN DO DESEMPEÑO
- MÓDULO 4. XESTIÓN POR COMPETENCIAS
- MÓDULO 5. EQUIPO
- MÓDULO 6. ANÁLISE E XESTIÓN DE CONFLITOS
- MÓDULO 7. PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
- MÓDULO 8. TÉCNICAS DE NEGOCIACIÓN
MÁIS INFO E INSCRICIÓN CURSO RECURSOS HUMANOS
Os plans de formación intersectoriales fináncianse a través da Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo, polo que a participación neste tipo de cursos é de carácter totalmente gratuíto para o alumnado.