Voltar atrás

Escrito o:

Buscamos docentes

Estamos a preparar un novo programa formativo para o que necesitamos docentes especializados. Este plan de formación estará conformado por cursos que dan dereito á obtención dun CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE.

Para poder impartir este tipo de cursos é imprescindible contar cunha serie de requisitos, que se resumen en:

  • Acreditar unha experiencia docente contrastada de polo menos 600 horas no últimos dez anos en formación profesional para o emprego (impartindo cursos para desempregados ou para traballadores en activo) ou do sistema educativo.
  • Acreditar experiencia laboral mínima dun ano nas ocupacións do certificado.
  • Estar en disposición das titulacións académicas requiridas por cada un dos Reais Decretos que regulan cada certificado de profesionalidade.


Tanto as ocupacións como as titulacións requiridas para cada un dos certificados poden consultarse na páxina web do SEPE.

Base de datos

Os docentes en disposición de acreditar os requisitos requiridos poden formar parte da nosa base de datos enviando o modelo de Currículo Docente descargable en pdf ao final desta entrada a docentes@cel.es.

Tamén facilitamos ao final desta entrada descarga de documento en pdf coa listaxe de certificados de profesionalidade para os que o noso Centro de Formación está homologado, e para os cales se está confeccionando a base de datos de currículos de docentes.

NOTA IMPORTANTE: Prégase ás persoas que non cumpran os requisitos establecidos absterse de enviar currículo. Os currículos que non cumpran estritamente as condicións indicadas serán automaticamente descartados.