Voltar atrás

Escrito o:

Innovación e novas tecnoloxías ao alcance das pemes

A vicepresidenta segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, presentou hoxe na sede da Confederación de Empresarios de Lugo a nova iniciativa que a Deputación vén de poñer en marcha o pasado 12 de xaneiro, e coa que ofrecerá, de xeito totalmente gratuíto, asesoramento, apoio e formación ás PEMES e aos autónomos de toda a provincia para o fomento das novas tecnoloxías no eido empresarial.

Lara Méndez, acompañada do director de Fondos Europeos e Novas Tecnoloxías da Deputación, Pablo Rivera, e do Secretario da CEL, Jaime López, destacou a importancia de prestar apoio a PEMES e microempresas, “as cales seguen a supoñer o 95% do tecido empresarial da provincia malia que levan tempo atravesando graves dificultades”. Méndez subliñou que manter este peso específico pasa por aumentar a competitividade; manter unha relación máis directa clientes e proveedores ou a adaptarse aos novos mercados, entre outras. Neste sentido, precisamente son as novas tecnoloxías as que “fan ás empresas máis competitivas, melloran a súa produtividade e facilitan o seu funcionamento, xerando plusvalía”.

Pola súa banda, Jaime López, secretario da CEL, destacou que “as novas tecnoloxías forman parte da vida cotiá e as empresas non poden permanecer alleas a esta realidade para garantir a súa propia supervivencia. É por esta razón que proxectos como Innov@Empresa son de grande interese”. Así mesmo, subliñou a satisfacción da Confederación de Empresarios de Lugo por “colaborar con este tipo de iniciativas, pois a incorporación de procesos de innovación e das TIC son, dende o noso punto de vista, claves para o futuro e o presente das nosas empresas”

MÁIS INFO PROXECTO INNOV@EMPRESA

ACCESO A AXENDA DE ACCIÓNS FORMATIVAS E DIVULGATIVAS INNOV@EMPRESA