Voltar atrás

Escrito o:

Xornada Técnica Igape: Líñas de Apoio a Inversions, Mellora da Competitividade e Internacionalización de Pemes

A  fins de decembro publicábanse no DOG diferentes programas de axuda do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) destinadas a apoiar novos investimentos, mellorar a competitividade e impulsar a internacionalización das pequenas e medianas empresas galegas.

Coa finalidade de dar a coñecer estes programas de axuda, cuxo prazo de solicitude finaliza na maioría dos casos xa a principios de febreiro, este venres día 16 de xaneiro terá lugar na nosa sede central en Lugo (Pza. de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta), a partir das 10:00 h., unha xornada informativa sobre estas liñas de subvención, na que se contará coas achegas do director xeral do Igape e persoal técnico deste organismo da Xunta de Galicia (programa descargable en pdf ao final desta entrada).

TRAMITAR INSCRICIÓN