Escrito o:
Formación CEL 2015: aberta inscrición
Hoxe ábrese o prazo de inscrición nos cursos do noso Plan de Formación Intersectorial CEL 2015, que comprende un total de trinta e catro cursos que se impartirán entre principios do próximo mes de febreiro e finais de agosto.
Hai máis de mil prazas dispoñibles para esta programación formativa na que, como novidade, novamente poderán participar autónomos, grupo que se suma ao de traballadores en activo, colectivo prioritario deste tipo de cursos, e aos desempregados (que poden participar desde hai uns anos a condición de que non superen o 40% do total do alumnado). Os traballadores das Administracións Públicas poden inscribirse a condición de que a súa participación non supere o 10% do alumnado total dos cursos.
Áreas
Nesta ocasión desde a CEL priorizamos na nosa oferta formativa as accións relacionadas coa formación nas áreas de xestión empresarial, recursos humanos, novas tecnoloxías, calidade, sanidade, informática, prevención ou idiomas.
Dentro destas áreas inclúense accións formativas impartidas en anteriores planificacións como "Xestión Contable, Fiscal e Laboral de Microempresas", "Prevención de Riscos Laborais2, "Inglés Empresarial", "Alemán: Iniciación", "Xestión de Persoal: Nóminas" ou "Deseño Asistido por Computador: Ferramentas en 2D e 3D", pero tamén novos cursos como "Estratexias de Internacionalización", "Xestión de eventos", "Habilidades de coaching", "Branding Dixital", "Comercialización e Mercadotecnia de Produtos Agroalimentarios", "Software de xestión loxística aplicado á biomasa", "Pegada do Carbono: Eficiencia Enerxética", entre moitos outros.
A modalidade de impartición dos cursos é maioritariamente mixta (parte presencial e parte online) ou de teleformación, a fin de facilitar a participación de todo tipo de públicos e de persoas situadas en diferentes puntos da provincia.
Os plans de formación intersectoriales fináncianse a través da Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo, polo que a participación neste tipo de cursos é de carácter totalmente gratuíto para o alumnado.
VER LISTAXE DE CURSOS E PLATAFORMA PREISNCRIPCIÓN
Aviso:
A fin de actualizar a nosa base de datos, a primeira vez que un alumno se inscriba nun curso deste Plan ha de rexistrarse na plataforma coma se nunca participase nos nosos cursos, independentemente de que o fixo en anos anteriores.