Escrito o:
Novas axudas para a contratación na provincia de Lugo
A Deputación Provincial de Lugo vén de publicar no BOP o Programa de Fomento do Emprego e a Economía dos Sectores Estratéxicos da Provincia de Lugo, a través do que habilita subvencións para a contratación, durante doce meses, de traballadores en situación de desemprego.
Poderán concorrer a estas axudas empresas e microempresas, empresarios individuais e profesionais, comunidades de bens e sociedades civís, asociacións, federacións, entre outras entidades, que conten cun centro de traballo ou presten servizos na provincia de Lugo no marco dos sectores considerados como estratéxicos no Plan Estratéxico da Provincia de Lugo da Deputación.
A través destas axudas subvencionaranse os custos salariais totais dos traballadores contratatdos, incluída a contización á Seguridade Social, en contías que poden chegar a alcanzar os 22.000 euros por ano dependendo do grupo de cotización ao que pertenza o traballador contratado.
As entidades interesadas susceptibles deberán presentar solicitude antes do transcurso de 15 días hábiles a contar desde o 23 de decembro de 2014. Tras a selección das beneficiarias, a Deputación Provincial de Lugo realizará unha convocatoria pública para a selección dos traballadores desempregados que posteriormente asignará ás entidades preseleccionadas.
Desde os servizos de asesoría da CEL elaborouse un breve resumo destas axudas, accesible só para asociados. Os interesados en obter máis información e asesoramento sobre este programa de axudas poden contactar connosco no 982231150.