Escrito o:
Visita institucional en Lugo
O conselleiro delegado da CEL, Jesús Quintá, acompañou hoxe ao presidente da confederación galega, José Manuel Fernández Alvariño, nunha visita a diferentes institucións lucenses, concretamente o Centro de Innovación e Transferencia de Tecnoloxía (CITT), o Centro Tecnolóxico Agroalimentario (CETAL) e a Deputación Provincial de Lugo.
No CITT os representantes empresariais foron recibidos por lle vicerretor de Coordinación do Campus de Lugo da USC, Javier Bo, así como por Andrés Barreiro, vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico, que lles guiaron nun percorrido polas instalacións deste centro, que inclúen diferentes laboratorios a disposición dos investigadores do ámbito universitario pero tamén das empresas. Fomentar a relación entre universidade e empresa, o coñecemento deste tipo de instalacións e a aplicación práctica do resultado das investigacións que se realizan na contorna empresarial foron as cuestións nas que coincidiron os presentes neste encontro.
No CETAL Jesús Quintá e José Manuel Fernández Alvariño reuníronse co director xeral, Javier López Viana, e o subdirector, Pablo Rancaño, que explicaron o traballo que se desenvolverá neste centro, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, e que pasa tamén por desenvolver un labor investigador en relación estreita coas empresas.
Finalmente o conselleiro delegado da CEL e o presidente da CEG mantiveron unha reunión co presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, na que se tocaron diferentes temas de preocupación empresarial como o custo da enerxía ou a falta de crédito. Jesús Quintá insistiu na necesidade de apostar por proxectos que contribúan a fixar poboación nas provincias interiores, relacionados co aproveitamento dos nosos recursos naturais (agrarios, forestais, pesqueiros...) e apostando pola innovación e a diferenciación dos nosos produtos.
FOTO: Reunión co presidente da Deputación de Lugo. ENLACE A MÁIS FOTOGRAFÍAS.