Voltar atrás

Escrito o:

A CEL, sastifeita pola medida de Industria de rebaixar o prezo do solo industrial

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) valora moi positivamente o anuncio de incluír na Axenda de Competitividade a media de rebaixar o prezo do chan industrial autonómico, con especial atención a determinados polígonos como os situados na provincia de Lugo.

Esta rebaixa, que chegará ao 50% do prezo do chan no caso do chan industrial lucense propiedade da Xunta, é sen dúbida unha gran noticia porque nestes momentos máis que nunca é necesario xerar oportunidades que incentiven a industrialización: o prezo do chan non é a única, pero si una das cuestións fundamentais que valora unha empresa á hora de instalarse nun determinado lugar, e a provincia de Lugo necesita desde sempre atraer a emprendedores con novas ideas e iniciativas de negocio.

A CEL xa apuntara esta medida como necesaria en diferentes ocasións, e en especial tendo en conta polígonos de recente creación con bos servizos e que precisan atraer empresas como o das Gándaras en Lugo. Considera ademais que rebaixar en maior contía o prezo do chan en provincias como Lugo atende ao necesario reequilibrio territorial.

Foto: Arquivo CEL. Visita Delegación Coreana ao Polígono das Gándaras (xuño 2014)