Escrito o:
Videoconferencia GAIN: Oportunidades Horizon 2020 en Saúde, Bioeconomía e Envellecemento Activo
A nosa sede central en Lugo acolle o próximo 3 de decembro, mércores, unha conexión vía videoconferencia coa xornada "Oportunidades no Horizon 2020: Saúde, Bioeconomía e Envellecemento Activo", que organiza a Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), dentro do ciclo de presentacións das oportunidades de financiamento no marco do programa da Comisión Europea Horizon 2020.
Esta xornada, que terá lugar no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) en Santiago de Compostela, aglutina dous retos sociais do programa de I+D+i da Comisión: o reto Saúde e o reto Bioeconomía e Liderado en tecnoloxías facilitadoras e industriais en Biotecnoloxía. O seu obxectivo é presentar aos axentes do Sistema Galego de Innovación as oportunidades de financiamento que ofrece o programa Horizon 2020 e as principais claves para ter éxito, así como describir as ferramentas de apoio que GAIN pon a disposición dos interesados en presentar propostas. Ao finald e esta entrada pode descargarse o programa completo.
Aquelas persoas e/ou entidades que teñan unha proposta de proxecto únaa convocatoria aberta dentro dun destes dous retos poderán manter, en caso de asistir á xornada de forma presencial, unha reunión bilateral cun técnico de CDTI, para revisar a proposta, ou cun técnico de GAIN, para resolver dúbidas sobre os instrumentos de apoio á participación galega en programas europeos de I+D.
Os interesados en manter unha reunión bilateral deberán enviar cumprimentada a ficha de información dispoñible nesta ligazón ao correo electrónico informa.gain@xunta.es.