Escrito o:
Obxectivo: Internacionalización
O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), coa colaboración do Club Financeiro de Vigo e desta Confederación, organiza un novo encontro empresarial, nesta ocasión en Foz, para analizar a importancia e as posibilidades de "Internacionalización" como "aposta para a competitividade das empresas galegas".
Este encontro, que se celebrará en formato almorzo de traballo, terá lugar o martes 4 de novembro en horario de 10:00 a 12:00 horas no CENIMA (Centro de Interpretación dá Mariña), situado na Avda. de Ribeira s/n en Foz. Contará coas intervencións de Javier Aguilera, Director Xeral do Igape, que informará os Instrumentos de apoio á Internacionalización" articulados desde a Administración Autónomica, así como dos responsables das empresas Innolact (Quescrem), Muebles Hermida e Construdata21 SA, que explicarán as posibilidades que ofrece a saída a mercados exteriores desde a súa experiencia (ao final desta entrada pódese descargar o programa completo en pdf).
A través destes encontros búscase convidar o debate, a procura de solucións, presentación de ideas, relacións e colaboración entre o tecido empresarial local, o rexional e a administración. Como obxectivo final, preténdese seguir avanzando na difusión da cultura de internacionalización entre as pemes para procurar que as exportacións galegas continúen crecendo nos próximos anos.