Escrito o:
Novo seminario online GAIN: Oportunidades no sector TIC
O próximo día 28 de outubro, martes, a nosa sede central acollerá unha nova sesión online sobre incentivos do Programa Horizon 2020: nesta ocasión a xornada centrarase nas "Oportunidades no Sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC)", cuxa sesión presencial terá lugar en Vigo en horario de 10:00 a 14:00 horas.
Unha vez máis, promoven este encontro a Axencia Galega de Innovación (GAIN) xunto co Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) e o apoio doutras entidades entre as que se atopa esta Confederación.
No marco desta xornada presentaranse as oportunidades de financiamento que ofrece o Programa Horizon 2020 no ámbito do TIC, e se exsplicarán as principais claves para conseguir propostas exitosas, ademais de describir as axudas e servizos de apoio ás pemes galegas que ofrece GAIN nesta tarefa. Tamén se presentarán proxectos internacionais que buscan socios para completar o seu consorcio.
(Ver programa completo ao final desta entrada).