Voltar atrás

Escrito o:

Xornadas Informativas: PRL para Emprendedores

A normativa de prevención de riscos laborais establece unha serie de obrigacións ao empresario cuxo contido resulta esencial coñecer en tanto afectan á posta en marcha de calquera proxecto empresarial e o seu desenvolvemento.

A norma marco en materia preventiva, Lei 31/1995 de 8 de novembro de Prevención de Riscos Laborais, debuxa o contido esencial das obrigacións que afectan á xestión empresarial, definindo así mesmo quen son os suxeitos obrigados e as posibles responsabilidades que se poden xerar en caso de incumprimento.

Considerando que o coñecemento das obrigacións que dimanan desta materia resultan moi importantes para o desenvolvemento de calquera proxecto emprendedor, desde a Confederación de Empresarios de Lugo, co financiamento da Fundación para a Prevención de Riscos Laborais, organizamos dúas sesións informativas, dirixidas a emprendedores que estean a iniciar a súa actividade empresarial.

Obxectivos

Estas xornadas desenvolveranse os días 28 e 29 de outubro, en horario de 19:30 a 21:30 horas, nas instalacións do viveiro de empresas da Fundación CEL - Iniciativas por Lugo, cos seguintes obxectivos (ver PROGRAMA COMPLETO ao final desta entrada):

    Achegarse ás nocións básicas da Lei de Prevención de Riscos Laborais.
    Entender o concepto de Prevención de Riscos Laborais.
    Comprender o significado de riscos laborais e as consecuencias dunha mala xestión.
    Informar os dereitos e deberes básicos do empresario e do traballador
    Comprender casos prácticos de Avaliación de Riscos.

As prazas son limitadas, polo que é obrigatorio tramitar inscrición a través da ligazón:

                                                         INSCRICIÓN XORNADAS PRL EMPRENDEDORES

Máis info no número de teléfono 982 23 11 50.