Escrito o:
Empresas de Lugo infórmanse sobre posibilidades de inversión en Polonia y Bielorrusia
A nosa sede central acolleu onte un encontro informativo sobre "Oportunidades de Posicionamento para a Empresa Galega nos Mercados de Polonia e Bielorrusia".
Marcin Grozdki, economista especializado en finanzas e investimento, foi o encargado de informar sobre estes mercados nun relatorio desenvolvido en inglés. Grozdki participou en diversos proxectos en colaboración con gobernos locais e institucións gobernamentais, ademais de ser un profundo coñecedor de varios mercados do Leste de Europa. Así mesmo traballou no posicionamento de empresas españolas de diversos sectores, así como para a Xunta de Galicia e a Secretaría de Pesca, entre outros. As empresas accederon tamén a entrevistas personalizadas co asesor
Polonia
Grozdki destacou respecto de Polonia que se trata dun país con boas redes de comunicación e infraestruturas, o maior perceptor a día de hoxe de fondos europeos e facilidade de entrada para España, que conta con boa imaxe no país, co que mantén relacións estreitas xa desde o ano 2000, no que se creou a Cámara de Comercio Hispano - Polaca, e máis aínda desde a entrada de Polonia na UE en 2004.
Enerxías renovables; promotoras; peixes conxelados, conservas e mariscos; queixos; viños; servizos a persoas maiores... son algúns dos sectores con maiores posibilidades de éxito no país.
Bielorrusia
Pola súa banda, Bielorrusia é un país cunha lexislación complicada e opaca, intervencionista, cun mercado interior moi protexido e de difícil acceso. No entanto, resulta interesante polo seu caracterísitcas de porta de entrada a Rusia, China...
Enerxías renovables; peixes conxelados, conservas e mariscos; carnes (excepto xamón); queixos; transporte e loxística; farmacéuticas; procesado de alimentos; biotecnoloxías ou Tics son os sectores con maiores posibilidades de entrada no mercado bielorruso.