Voltar atrás

Escrito o:

Bielorrusia e Polonia: Oportunidades de Posicionamento para a Empresa Galega

O próximo día 9 de outubro, a partir das 19:30 h, terá lugar na sede da CEL unha charla-coloquio sobre os mercados de Polonia e Bielorrusia, centrándose nos sectores que neste momento teñen maior proxección nestes dous países, concretamente:

Mercado polaco

  • Enerxías renovables (biogás)
  • Promotoras
  • Peixe conxelado, conservas e mariscos
  • Queixos
  • Servizos para maiores
  • Viño

Mercado bielorruso:

  • Enerxías renovables (eólica, fotovoltaica e biogas)
  • Peixe conxelado, conservas e mariscos
  • Queixo
  • Carne (excepto xamón)
  • Transporte e loxística
  • Farmacéuticas
  • Liñas de procesado de alimentos
  • Biotecnoloxía
  • TIC's

 A charla correrá a cargo de D. Marcin Grozdki, economista especializado en finanzas e investimento, que participou en diversos proxectos en colaboración con gobernos locais e institucións gobernamentais, ademais de ser un profundo coñecedor de varios mercados do Leste de Europa. Así mesmo traballou no posicionamento de empresas españolas de diversos sectores, así como para a Xunta de Galicia e a Secretaría de Pesca, entre outros.

O relatorio desenvolverase en inglés (entregarase unha tradución do relatorio antes de entrar á charla)

Entrevistas personalizadas

A maiores, ofrécese neste encontro informativo a posibilidade de que as empresas que o desexen poidan concertar unha entrevista personalizada dun quince minutos de duración co relator (contarase con servizo de intérprete ), ben antes ou despois da charla. Para optar a esta posibilidade, haberá de marcarse tal opción no formulario de inscrición.

As empresas interesadas en asistir, deberán cumprimentar a ficha de inscrición a través da seguinte ligazón:

                                        INSCRIBIRME NA XORNADA PAÍS POLONIA - BIELORRUSIA

Para máis información, contactar co Departamento de Comercio Exterior da CEL no teléfono 982 23 11 50 ou a través do email comercioexterior@cel.es