Escrito o:
Aberto para as empresas o prazo de solicitude de alumnos da CEL en prácticas
As empresas de Lugo interesadas en acoller alumnos en prácticas en próximas datas poden tramitar desde xa a solicitude a través da Escola de Empresarios e Centro de Formación da CEL.
Ao redor dun centenar de alumnos que nestes momentos están a participar en diferentes accións formativas na Escola de Empresarios da CEL, correspondentes á programación formativa AFD 2014 (que inclúe cursos das áreas de Recursos Humanos, Administrativa, Comercial ou de Turismo), estarán dispoñibles no marco desta edición do Programa de Prácticas Profesionais en Empresas.
Ao final desta entrada pódese descargar máis información sobre os postos de traballo concretos que poden desenvolver os alumnos de cada unha destas áreas formativas, así como o calendario do período de prácticas (que serán entre os meses de novembro e decembro próximos) ou o número de horas. Tamén está dispoñible o impreso de solicitude que han de cubrir as empresas en disposición de acoller alumnos.
Condicións
Respecto das condicións concretas de desenvolvemento destas prácticas profesionais, indicar que:
- A colaboración da empresa non levará aparellada ningunha relación laboral nin contractual entre o alumno e a empresa.
- A empresa non terá a obriga de retribuir económicamente ao alumnado en prácticas polas actividades que poidan derivarse da realización das mesmas.
- Formalizarase un convenio de colaboración entre a empresa, a CEL e o alumno.
- Os alumnos en prácticas estarán cubertos para todos os efectos legais polo seguro de accidentes e responsabilidade civil que formalizará a CEL e que cubrirá todos os riscos que se poidan derivar durante o período de realización das prácticas na empresa.
- Designarase un titor formativo que será o interlocutor co titor designado pola empresa, co fin de supervisar o seguimento das actividades prácticas que se desenvolvan.
Para máis información sobre este programa e tramitación de solicitudes, é necesario contactar coa Escola de Empresarios e Centro de Formación da CEL no número de teléfono 982 28 40 15 ou a dirección de e-mail formacioncel@cel.es.
A CEL agradece a colaboración das empresas, excepcional en anteriores edicións do Programa de Prácticas. Destaca que resulta imprescindible e beneficiosa tanto para o alumno, que accede á posibilidade de aplicar de forma práctica os coñecementos teóricos adquiridos, como para a empresa, que pode adaptar a formación de posibles futuros traballadores ás necesidades específicas da súa actividade diaria.