Voltar atrás

Escrito o:

Cursos PRL 2014

Ao redor de 150 alumnos poderán participar entre setembro e outubro no novo programa formativo que desenvolveremos desde a CEL en Lugo, Burela e Monforte de Lemos en materia de prevención de riscos laborais (PRL). Esta formación, posta en marcha en base ás axudas da Xunta destinadas a accións de fomento da prevención de riscos en Galicia, inclúe a celebración de tres cusos prácticos, tres seminarios e unha xornada maxistral.

Programación

En concreto, prevense as seguintes accións formativas, de cinco horas de duración cada unha:

  • 12 de setembro: Seminario Práctico Manexo de Carretillas Elevadoras (Burela)
  • 13 de setembro: Seminario Práctico de Manexo de Carretillas Elevadoras (Lugo)
  • 19 de setembro: Curso Práctico de Emerxencias e Primeiros Auxilios na Empresa (Lugo)
  • 20 de setembro: Curso Práctico de Métodos de Extinción de Incendios (Lugo)
  • 26 de setembro: Xornada Maxistral: Xestión da Prevencion de Riscos na Empresa (Lugo)
  • 27 de setembro: Seminario Mobbing e Estrés Laboral (Lugo)
  • 10 de outubro: Curso Práctico de Métodos de Extinción de Incendios (Monforte)


Inscrición

As prazas son limitadas (un total de 35 para cada xornada maxistral e 20 no caso dos cursos e seminarios prácticos), polo que se require inscrición previa obrigatoria. A reserva de praza  pode tramitarse xa enviando o boletín dispoñible ao final desta entrada ao Centro de Formación e Escola de Empresarios da CEL, á dirección de e-mail formacion@cel.es ou do número de fax 982 28 49 90.

As accións son de carácter gratuíto para os beneficiarios e dirixidas de forma preferente a empresarios, autónomos e traballadores en activo da empresa privada, con especial atención a técnicos e profesionais de prevención de riscos laborais e responsables de saúde laboral. Poderán participar tamén persoas en situación de desemprego a condición de que non sexan demandantes de primeiro emprego.