Voltar atrás

Escrito o:

Programa de Mentoring de Comercio Electrónico

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da entidade Red.es, pon en marcha o terceiro Programa de mentoring en comercio electrónico, unha convocatoria pública para a concesión de axudas económicas que teñen como obxectivo impulsar a actividade de comercio electrónico das pequenas e medianas empresas. Este programa conta coa colaboración das comunidades autónomas, que no caso particular de Galicia a través da Axencia de Modernización Tecnolóxica e Galicia (Amtega).

A contía total das axudas ascende a 18,06 millóns de euros. Galicia está entre as comunidades que poden solicitalas e o investimento específico para a nosa comunicade é de 630 000 euros e estímanse uns 42 beneficiarios.

Lotes de axudas

O programa materialízase a través de dous lotes de axudas. O primeiro deles está destinado a recibir servizos de asesoramento especializados e individualizados en materia de comercio electrónico, a través da asesoría personalizada realizada por profesionais expertos do sector, homologados previamente por Red.es, que subvencionará o 80 % do custo da actuación (impostos indirectos excluídos) ata un máximo de 5000 euros por beneficiario.

Un segundo lote destinarase á concesión de axudas para a implantación de solucións e servizos tecnolóxicos de comercio electrónico, que contribúan á comercialización dos produtos e prestacións do beneficiario a través de internet. Red.es subvencionará o 80 % do total dos gastos subvencionables do proxecto de implantación de solucións e servizos tecnolóxicos de comercio electrónico (impostos indirectos excluídos), ata un máximo de 10 000 euros por beneficiario. Este poderá contratar o provedor que desexe, sen ter a obriga de seleccionar, para a execución deste segundo lote, unha das entidades colaboradoras correspondentes ao lote I.

Presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes divídese en dúas fases: a fase I, de presentación de formularios de solicitude, que remata o 9 de setembro; e a fase II, para a presentación dos ficheiros adxuntos, que finaliza o 23 dese mesmo mes.

O prazo de presentación de propostas do lote II será de 30 días naturais a contar desde o día seguinte á data de publicación da resolución de beneficiarios no Boletín Oficial do Estado.

Más info de la convocaria en Red.es en este enlace.