Voltar atrás

Escrito o:

Os empresarios de Lugo infórmanse sobre los apoios financieiros do Igape

A nosa sede central acolleu hoxe unha xornada informativa do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) sobre os apoios habilitados por este organismo para facilitar o financiamento das pemes e microempresas galegas.

O Director do Igape, Javier Aguilera, xunto co conselleiro delegado institucional da CEL, José Francisco Real Castro, foron os encargados de abrir esta sesión de traballo na que tamén participaron Curro López, Subdirector de Información Especializada do Igape e a técnico deste organismo Cristina Sanz.

O Plan de Financiamento Empresarial Galicia 1000, a nova liña de préstamos para investimentos Jeremie, os apoios financeiros a pemes ou o programa de microcréditos do Igape centralizaron a información ofrecida neste encontro con empresarios en Lugo.

O conselleiro delegado da CEL destacou na súa intervención que precisamente a "falta de acceso a crédito e os problemas de liquidez" foron unha constante para as empresas desde o incio da crise conviritiéndose en detonante "en non poucas ocasións" do "peche de negocios". Destacou neste sentido que as "liñas de préstamo habilitadas polo Igape poden axudar a paliar en parte esa necesidade de acceso a financiamento das nosas empresas".

Máis info

No área de Documentación desta web pódese descargar máis información sobre axudas, entre as que se atopan os apoios financieiros do Igape. Para consulta de dúbidas e asesoramento, contactar co noso Departamento Económico - Fiscal.