Escrito o:
Novos cursos AFD
Estos días iniciamos a imparticion de novos cursos no marco da nosa programación AFD 2014 (accións de formación dirixidas prioritariamente a desempregados), financiada a través do Fondo Social Europeo e a Dirección Xeral de Emprego e Formación da Consellería de Traballo e Benestar.
Nestos momentos está prevista a impartición de accións formativas nas seguientes materias:
- Actividades de Xestión Administrativa
- Actividades Administrativas na Relación co Cliente
- Promoción Turística Local e Información ao Visitante
- Xestión Integrada de Recursos Humáns
- Asistencia a la Dirección
- Venda de Produtos e Servizos Turísticos
- Xestión Contable e Xestión Administrativa para Auditoría
A duración destos cursos oscila entre as 648 e as 898 horas de formación, que se impartirán en horario de mañá ou de tarde, dependendo da acción formativa, entre este mes e decembro do presente exercicio.
Son cursos que permitirán aos alumnos que os finalicen correctamente o acceso a un certificado de profesionalidade, titulación oficial válida en todo o territorio nacional que acredita determinadas competencias profesionais e que pode obterse a través de varias vías, entre elas a superación de módulos formativos ofertados por entidades como esta Confederación.
Prazas libres
Nestos momentos temos tres cursos para os que contamos con prazas libres, de cobertura inmediata: "Actividades Adminitrativas na Relación Cliente", "Actividades de Xestión Administrativa" e "Promoción Turística Local e Información ao Visitante". Os interesados nalguna destas prazas deben dirixirse á maior brevidade ao noso Centro de Formación, sito en Manuel Murguía 6-Baixo de Lugo, para cubrir ficha de inscrición e participar en entrevista de selección.
Acceso
Para acceder como participantes a estas accións formativas, é requisito imprescindible estar inscrito como demandante de emprego no Servicio Público de Emprego: é na súa oficina de emprego onde os interesados teñen que indicar o seu interese ou solicitar cada curso.
Ademáis, ó estar esta formación asociada a certificados de profesionalidad, esíxense uns requisitos mínimos de acceso, dependiendo do nivel de cualificación profesional de cada certificado, sendo 1 o máis básico e 3 o máis complexo. No caso das accións formativas da CEL, esixiranse requisitos de nivel 3 (para o que se ten que estar en posesión dun título de Bacherelato, COU, FPII ou Grao Superior de FP) e de nivel 2 (titulación de ESO, 2º de BUP, FP I ou Grao Medio de FP), dependendo do curso.
No Centro de Formación da CEL (no teléfono 982 28 40 15 ou no e-mail formacion@cel.es) facilitase máis información e resolución de dúbidas sobre esta programación formativa.