Escrito o:
O paro descende en 722 personas en Lugo durante o mes de maio
Segundo os datos dados a coñecer hoxe polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, o número de parados descende en 111.916 persoas no país respecto ao mes anterior, o que sitúa a cifra total de parados en 4,57 millóns de persoas.
En Lugo, o descenso do número de parados é de 722 persoas, o que sitúa a cifra total de desempregados na provincia en 26.294 persoas, un 2,67 % menos (ver estatística completa ao final desta entrada).
Desde a CEL, aínda cando valoramos estes datos como positivos, en especial tendo en conta que durante os meses anteriores rexistráronse tamén descensos no número de desempregados, cremos que aínda a melloría é moi tímida: "a situación económica segue sendo a que é, con empresas que non acceden a financiamento, falta de pagamentos e consumo retraídos", en palabras do secretario xeral da CEL, Jaime López, polo que aínda que os datos parecen indicar unha melloría, aínda non se reflexa na economía real.
O peso do factor estacionalidade, especialmente en meses como o de maio no que pesa a contratación en sectores relacionados co turismo, tampouco son signos que nos permitan falar, polo momento, dunha melloría xeral.
Sectores
De feito en Lugo, por sectores, o maior descenso do paro rexistrouse no sector servizos, cun total de 301 parados menos, seguido prol o sector construción, que 188 parados menos, e da industria, con 130 persoas menos no paro.