Voltar atrás

Escrito o:

Oportunidades de Financiamento: Instrumento Peme

O vindeiro xoves día 3 de xuño, a partir das 9:30 h., terá lugar en Santiago de Compostela a xornada "Horizon 2020 Oportunidades de Financiamento: Instrumento Peme", no marco da que se detallarán as oportunidades que ofrecen ás pemes os programas europeos de investigación e innovación até o ano 2020, concibidos co reto de impulsar a innovación entre as pequenas e medianas empresas e promover a súa apertura a novos mercados.

No marco desta xornada tamén se detallarán as axudas e servizos de apoio que a Axencia Galega de Innovación (GAIN) ofrece ás pemes galegas e axentes de inovación para un mellor aproveitamento dos programas europeos.

Ao final desta entrada pode descargase o programa completo deste encontro. Aínda que o aforamento para asistir presencialmente en Santiago xa está completo, pódese seguir vía videoconferencia dende diferentes puntos da Comunidade Autónoma. Na provincia de Lugo o punto de conexión será a sede central desta Confederación (Pza. de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta).

Inscrición

Para poder asistir á xornada vía videconferencia é necesario reservar praza enviando correo electrónico á dirección de e-mail informa.gain@xunta.es, indicando o lugar desde o que se desexa asistir (para facelo desde a nosa sede "CEL-Lugo", nome, apelidos, entidade/empresa e correo electrónico de contacto.