Voltar atrás

Escrito o:

Workshops Deporte e Saúde

Desde a CEL, co financiamento da Fundación para a Prevención de Riscos Laborais, organizamos para os próximos xoves 22 de maio e 5 de xuño os Workshops ou talleres de traballo "Deporte e Saúde: Exercicio Físico como método de Prevención de Riscos Laborais".

De carácter eminentemente práctico, abordaranse cuestións básicas sobre o impacto positivo da adquisición de hábitos saudables como o deporte na saúde, e explicaranse programas básicos de entrenamento beneficiosos para a saúde laboral de traballadores e empresarios, como:

  • Programas de adestramento en técnicas de levantamento de cargas.
  • Programas de mellora da flexión - extensión do tronco.
  • Programas de tonificación muscular.
  • Programas de aumento da forza muscular dos traballadores.
  • Programas de estiramento e relaxación muscular.
  • Programas de mobilidade articular dos diferentes membros e segmentos que compoñen o corpo humano.
  • Programas de reeducación postural para correxir as posturas inaxeitadas que adopten os traballadores.
  • Programas de coordinación de movementos e equilibrio.

 

Os Worshops (o programa completo pode descargarse ao final desta entrada) están dirixidos preferentemente a traballadores e empresarios de pequenas e medianas empresas de até 49 traballadores.

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

                               INSCRIBIRME NO WORKSHOP D&S 22 de maio de 2014 (PECHADO)

                               INSCRIBIRME NO WORKSHOP D&S 5 de xuño de 2014 (PECHADO)