Voltar atrás

Escrito o:

Reunión sobre infraestructuras na CEL

A sede central da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) acolleu hoxe unha reunión na que representantes do PSdG - PSOE e membros do Consello de Administración da CEL para tratar cuestións relacionadas coas infraestruturas lucenses.

Concretamente, asistiron á reunión o senador socialista Ricardo Varela e o secretario provincial do partido, Juan Carlos González Santín e, por parte da CEL, Jesús Quintá, conselleiro delegado executivo; Cheché Real, conselleiro delegado institucional e Jaime López, secretario xeral, así como outros membros do Consello.

A reunión centrouse no proxecto da estación intermodal, e na moción presentada por Varela para esixir ao Ministerio de Fomento a súa recuperación, pois o contrato atópase en situación de "suspensión temporal total" desde outubro de 2012.

Desde a Confederación compártese a preocupación por esta situación, pois significa que Lugo quedaría fóra da AVE, converténdose na única cidade galega sen este servizo. Desde a organización empresarial sinálase que "Lugo non pode quedar fose do mapa da alta velocidade", polo que se dirixirán por carta ao Ministerio de Fomento para solicitar que se retomen os proxectos necesarios para que a provincia non quede á marxe dunha infraestrutura crave para o seu futuro.