Escrito o:
Xornadas HORIZON 2020
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) están a organizar un ciclo de xornadas de presentación das oportunidades de financiamento que ofrece Horizon 2020, programa da Unión Europa dirixido a financiar a I+D+I no período 2014-2020 e que está dotado con preto de 80.000 millóns de euros.
Estas xornadas comezan xa, este mércores día 7 de maio. A CEL incorporouse como centro colaborador, e acollerá as videoconferencias que permitirán o seguimento destas xornadas informativas desde Lugo na súa sede central (Pza. de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta).
As xornadas están dirixidas a todos os axentes de innovación galegos, especialmente ás Pemes. Nelas explicaranse as principais claves para concorrer con éxito a lestes fondos e os apoios que habilitará a administración galega para a elaboración de propostas. Cada xornada estará centrada nun sector ou ámbito temático, atendendo ao seguinte calendario (indícanse as que inclúen videoconferencia en Lugo, na nosa sede):
- Sociedades seguras. 7 de maio de 2014. Santiago de Compostela (videoconferencia con Ferrol, Lugo, Ourense e Vigo)
- Transporte intelixente, ecolóxico e integrado. 13 de maio de 2014. Ferrol (videoconferencia coa Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo)
- Industria Naval (Feira Navalia). 21 de maio de 2014. Vigo.
- Instrumento PEME. 3 de xuño de 2014. Santiago de Compostela (videoconferencia coa Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense e Vigo)
- Seguridade Alimentaria. Outono 2014. Santiago de Compostela (videoconferencia coa Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense e Vigo)
- Envellecemento activo e saudable. Outono 2014. Santiago de Compostela (videoconferencia coa Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense e Vigo)
- Novo modelo de industria galega mediante tecnoloxías facilitadoras. Outono 2014. Ferrol (videoconferencia coa Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo)
- Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Outono 2014. Vigo (videoconferencia coa Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Ferrol)
O programa completo pode descargarse ao final desta entrada. As inscricións teñen que efectuarse na seguinte ligazón:
INSCRICIÓNS XORNADAS HORIZON 2020
Tamén se prevé a posibilidade de concertar reunións bilaterais con técnicos de CDTI para revisar propostas de proxectos, sobre os instrumentos de apoio e a participación galega en programas europeos de I+D+i, para o que é necesario cubrir a ficha de información específica que se facilita na ligazón de información anteriormente indicado e enviala a difusion.gain@xunta.es.