Voltar atrás

Escrito o:

CEL y Advantic suscriben un acuerdo para facilitar a las empresas asociadas acceso a software empresarial de SAP

A nosa sede central acolleu hoxe o acto de firma dun novo acordo de colaboración, neste caso coa firma Advantic Consultores S.L., en virtude do cal queremos ampliar a oferta de produtos aos que os nosos asociados poden ter acceso con condicións vantaxosas.

Neste caso, Advantic Consultores é unha empresa dedicada á distribución, implantación, configuración, formación e posta en marcha de software para xestión de empresas (ERP) SAP Business One da empresa SAP, así como a localización e/ou o desenvolvemento de aplicacións específicas complementarias e de mellora das funcións que de forma estándar ofrece SAP, empresa líder a nivel mundial en software empresial.

En virtude do acordo firmado, Advantic Consultores S.L. oferta aos asociados da CEL un desconto dun 10% das súas tarifas habituais no importe das licenzas e consultoría SAP Business One requiridas pola empresa cliente para a implantación inicial de ERP.

Xornada

Tras subscribir o acordo, representantes das entidades asinantes e de Agestic mantiveron un encontro con empresarios para analizar a influencia do TIC na innovación e competitividade emrpesarial, a evolución tecnolóxica na xestión das pemes así como as solucións concretas que se ofertan desde SAP.

Concretamente, interviñeron nesta xornada de traballo José Mª López Bourio, presidente de AGESTIC, Antonio Villaespesa Díaz, SAP Business One Channel Manager, Juan Pérez Donas, Product Manager de SAP e Lourdes Pardo en representación da CEL.

MÁIS INFO SOBRE ACORDO CEL - ADVANTIC

Máis fotos Xornada