Voltar atrás

Escrito o:

Ramón Leivas, novo delegado da CEL na Zona Norte

Os membros do consello de administración da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) designaron a D. Ramón Leivas Lavandeira como novo delegado da CEL na Zona Norte, en substitución de D. Alfonso Parga López.

Ramón Leivas é actualmente membro activo do asociacionismo empresarial da Mariña lucense, ademais de presidente da recentemente constituída A Mariña Federación, que aglutina a diferentes asociacións de comerciantes e industriais dos municipios do norte da provincia co obxectivo de fomentar o desenvolvemento social e económico da zona mediante fórmulas de cooperación e traballo conxunto.

A CEL xa incluíu no seu día a Ramón Leivas na candidatura que por lei lle corresponde designar para formar parte do Pleno da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Lugo, xunto con Luís García Santalla, Lourdes Pardo e Antonio Rodríguez.

Ramón Leivas coordinará o seu labor como delegado da CEL na Zona Norte coa de Antonio Rodríguez, actual delegado da Zona Sur e Anxo Hermida Lage, Conselleiro Delegado Territorial da Confederación.