Escrito o:
Reunión de empresarios co Conselleiro de Economía e Industria en Lugo
Hoxe participarmos no Foro Lugo 2.0 organizado por Onda Cero co Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, para debater sobre economía e futuro na provincia de Lugo.
Na súa intervención, o titular deste departamento autonómico profundou na Estratexia de Especialización Intelixente RIS3 Galicia, os retos que se plantexan de inversión co horizonte 2020 (innovación, emprendedores e internacionalización) e a oportunidade que pode supoñer para provincias como Lugo, co ollo posto na "transformación" e en "xerar valor engadido"
Tamén destacou o potencial de sectores como o agroalimentario ou o forestal (biomasa) na provincia e de empresas lucenses como Quescrem ou SienteGalicia, ambas salidas do viveiro de emrpesas da nosa Fundación CEL - Iniciativas por Lugo, polo seu carácter innovador no primeiro caso e por vincular novas tecnoloxías e turismo no segundo, Torre de Nuñez ou Alibós, ambas agroalimentarias, innovadoras e con capacidad exportadora, ou a máis recente Abeiro Gold, aposta emprendedora e de emprego en tempos de crise.
Ante preguntas desta Confederación sobre solucións para o desequilibrio económico e social que ven lastrando o desenvolvemento das provincias de Lugo e Ourense, o Conselleiro recalcou a "vocación" do Gobierno galego de discriminalas positivamente.
Asistentes
Un centenar de empresarios e representantes de diferenes institucións da provincia estiveron presentes neste foro de Onda Cero, que tivo lugar no Hotel Méndez Núñez. En representación da CEL asistiron varios representantes do noso Consello de Administración: o conselleiro delegado executivo, Jesús Quintá; o conselleiro delegado territorial, Ángel Hermida; o secretario xeral, Jaime López; o tesoureiro, Jorge Somoza; así como Jesús Méndez e Carmen Fernández.