Escrito o:
Convocatoria de probas de avaliación de Competencias Clave
Até o próximo día 10 de abril de 2014, xoves, está aberto o prazo para presentar a solicitude para poder participar nas probas de avaliación de competencias crave, que se requiren para participar na formación asociada aos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3.
Concretamente, convócanse as probas para as seguintes competencias crave:
- Comunicación en Lingua Galega
- Comunicación en Lingua Castelá
- Comunicación en Lingua Estranxeira (Inglés)
- Competencia Matemática
No Portal de Traballo da Consellería de Traballo e Benestar pódese acceder a toda a información relativa a competencias clave. Ao final desta entrada facilitamos así mesmo descarga da Resolución da Dirección Xeral de Emprego e Formación publicada no DOG coa convocatoria das probas para este exercicio.