Escrito o:
Convenio coa USC
O reitor da USC, Juan Casares, e o secretario xeral desta Confederación, Jaime López, subscribiron hoxe, na Vicerrectoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, a renovación do acordo de colaboración que ambas as entidades manteñen para fomentar estancias en prácticas en empresas da provincia por parte dos alumnos da Facultade de Administración e Dirección de Empresas lucense.
No acto de firma deste acordo estiveron tamén presentes o vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Heradón, e a decana da Facultade de ADE, Begoña Barreiro.
Beneficios
Todos os presentes coincidiron en sinalar os múltiples beneficios que depara este tipo de colaboración tanto para a USC e a súa estudiantado como para o propio tecido empresarial lucense. Neste sentido o secretario da CEL, Jaime López, destacou que estes programas de prácticas "favorecen o contacto coa realidade empresarial" e resultan "beneficiosos tanto para o alumno, pois melloran as súas posibilidades de inserción, como para a empresa, que pode incorporar ao seu persoal no futuro profesionais mellor formados e que por tanto contribuirán con maior eficiencia ao cumprimento dos obxectivos da empresa e á mellora da súa competitividade".
Recalcou tamén especialmente que este tipo de programas non serían posibles "sen a colaboración das empresas que forman parte da CEL, que sempre deron unha excelente resposta ás diferentes peticións que lles lanzamos de acollemento de alumnos en prácticas, tanto da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, como dos nosos programas formativos". Subliñou que "incorporar a un alumno ao persoal durante un tempo moitas veces escaso, tutorizarle para que obteña o máximo rendemento da súa estancia na empresa, require dun traballo e dun esforzo que as nosas empresas realizan ano a ano co convencemento de que contribúen a un mellor futuro dos mozos que pasan polas súas instalacións, e a un mellor futuro do propio tecido empresarial de Lugo".
Pola súa banda, a decana da Facultade de ADE, Begoña Barreiro, destacou que este convenio "referenda o esforzo que está a realizar a USC para mellorar e completar a formación dos seus graduados" e subliñou que máis de 40 estudantes do pasado curso académico participaron neste programa, e que a oferta de prazas para o actual curso se incirmentó nun 50% respecto ao pasado.
Máis info sobre o Programa de Prácticas Facultade ADE Campus Lugo USC