Escrito o:
Últimas prazas para Marketing e Liderado
'Marketing Empresarial', en colaboración con CEOE, e 'Liderado de Equipos', en colaboración con Cepyme, son dúas dos cursos que está a pechar neste momento a nosa Escola de Empresarios. Organizados no marco dos plans de formación intersectorial nacionais das organizacións empresariais, a súa impartición está prevista na modalidade de teleformación (60 horas), entre os días 22 de abril e 10 de xuño.
Os grupos de alumnos de ambos os cursos están practicamente pechados, aínda que aínda queda algunha vacante de última hora, que poderá ser cuberta unicamente polos colectivos de autónomos ou traballadores por conta allea.
Programas
O curso de Mercadotecnia Emrpesarial centrarase en cuestións como planificación estratéxica, toma de decisións ou mercadotecnia relacional, achegando as cuestións relacionadas con esta materia ao ámbito propio das microempresas. Pola súa banda, o curso de Liderado de Equipos analizará á figura do líder, cuestións relacionadas coa comunicación efectiva e a xestión e dirección de equipos, motivación ou negociación, entre outras.
Ao final desta entrada poden descargarse os programas de ambos os cursos.
INSCRIBIRSE NO CURSO DE MARKETING EMPRESARIAL
INSCRIBIRSE NO CURSO DE LIDERAZGO DE EQUIPOS
Intersectorial CEL
Por outra banda, a programación formativa do Plan Intersectorial da CEL entra tamén na súa fase final. A gran maioría dos cursos xa se iniciaron, parte mesmo xa finalizaron. Soamente quedan tres co prazo de inscrición aberta, e nestes momentos está a pecharse o grupo de Cloud Computing: Estratexias Corporativas na Nube. Os interesados poden inscribirse na web propia do Plan Intersectorial da CEL.