Escrito o:
Pechados os dous primeiros grupos de 'Emprender un Negocio'
Xa están completos e fixadas as datas de impartición de clases dos dous primeiros grupos de formación dos cursos sobre 'Emprender un Negocio', que organizamos dede a CEL coa colaboración de CEOE no marco de se o seu Plan de Formación Intersectorial.
Estes cursos, de 60 horas de formación cada un (que se impartirán na modalidade mixta, con 15 horas presenciais e 45 online), contemplan formación en cuestións básicas que ha de coñecer un futuro empresario, desde factores de viabilidade do proxecto empresarial, a variables dun plan de empresa e a súa elaboración, folla de ruta, fundamentos para a xestión e seguimento dun proxecto, entre outros.
Datas
Concretamente, o primeiro grupo iniciará xa o período formativo o próximo día 7 de abril. As clases presenciais están previstas para os días 14 e 28 de abril, 12 de maio e 2 e 16 de xuño, en horario de 19:30 a 22:30 horas. Finalizará o día 23 de xuño.
Pola súa banda, o segundo grupo recibirá a formación entre os días 8 de abril e 24 de xuño. As clases presenciais están fixadas para os días 15 e 29 de abril, 13 de maio e 3 e 17 de xuño en horario de 19:30 a 22:30 horas.
Finalmente, o terceiro grupo, o único que aínda conta con prazas vacantes, recibirá a formación entre os días 7 de maio e 29 de xullo. As clases presenciais están previstas para os días 13 e 27 de maio, 10 de xuño e 1 e 15 de xullo en horario de 19:30 a 22:30 horas.
Estes cursos están dirixidos preferentemente a traballadores en activo e autónomos, aínda que tamén poderán participar desempregados a condición de que non superen o 30% do alumnado (ver todos os colectivos ao final desta entrada).