Voltar atrás

Escrito o:

Acisa Ribadeo celebra o seu XV Aniversario

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Ribadeo (ACISA - Ribadeo) celebrou o pasado venres unha cea - gala para conmemorar os seus 25 anos de vida, unha ocasión na que tamén se entregaron os premios ao ribadense e ao socio do ano 2013 e os galardóns do concurso de escaparatismo celebrado en Nadal.

Máis de cen acodes acudiron a esta cita, celebrada no Parador de Turismo de Ribadeo. Entre eles, a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez; a vicepresidenta segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez; o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez; o conselleiro delegado da CEL, Anxo Hermida, ademais do presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Roberto Rivas.

No marco deste encontro colectivo de empresarios entregou a súa insignia do 25 aniversario aos socios fundadores e aos ex presidentes da asociación, así como os premios ao ribadense e ao socio do ano 2013, que recibiron emocionados Andrés Tojal e Jesús Carreira, respectivamente. Roberto Rivas entregou tamén os premios aos gañadores do concurso de escaparates do pasado Nadal, outorgados ao Recuncho do Gordo, Bora Bora, Glass, Guidán Delicatesen e Adegas Ribeirao.

Roberto Rivas, presidente de ACISA, agradeceu no seu intervencion "a asistencia de todos os que nos acompañaron e arrouparon; foi moi emocionante ver reunidos aos fundadores de Acisa, aos ex presidentes, e a todos os socios que non quixeron perderse a celebración desta importante data para nós". Subliñou que o que "agora toca é seguir traballando para potenciar o noso comercio, a nosa hostalaría e Ribadeo".