Escrito o:
Prazas libres no Curso de Italiano
O Plan de Formación Intesectorial da CEL contempla este ano un Curso de Italiano, que dispón aínda de prazas libres. Cun total de 140 horas, impartirase na modalidade de teleformación entre os días 24 de marzo e 22 de maio próximos.
Aínda que poden participar nos cursos deste plan tanto persoas en situación de desemprego como ocupadas, neste momento soamente quedan prazas vacantes no Curso de Italiano para o colectivo de traballadores ocupados.
Obxectivos
O curso busca introducir aos alumnos en cuestións básicas do idioma italiano: expresións máis comúns, saúdos, intercambio de datos simple...no ámbito persoal e público.
Concretamente, buscarase capacitar ao alumno para a comprensión do sentido xeral, puntos principais e información específica de textos orais breves, ben estruturados, transmitidos de viva voz ou por medios técnicos (teléfono, televisión, megafonía, etc.), artellados a unha velocidade lenta, nun rexistro formal ou neutro.
Igualmente, proporcionaranse as claves para producir textos orais breves, principalmente para comunicación cara a cara, pero tamén por teléfono ou outros medios técnicos.
Na mesma liña, proporcionaranse ferramentas para comprender o sentido xeral, os puntos principais e información específica de textos escritos breves de estrutura sinxela e clara, en rexistro formal ou neutro, así como capacitar ao alumno na escritura de textos breves e de estrutura sinxela, utilizando adecuadamente os recursos de cohesión e as convencións ortográficas e de puntuación esenciais.