Voltar atrás

Escrito o:

Sumamos servizos: Axencia de Colocación

Recentemente formalizouse a autorización da Consellería de Traballo e Benestar para que desde a CEL operemos como Axencia de Colocación, sumándose así este servizo aos de orientación laboral que vimos ofrecendo tradicionalmente a persoas en situación de desemprego.

A CEL recibe así autorización para realizar actividades de intermediación laboral (coordinada cos Servizos Públicos de Emprego) e procura de emprego, de acordo cos artigos 20 da Lei 56/2006, de 16 de decembro, de Emprego, e do artigo 2.1. do Real Decreto 1796/2010, do 30 de decembro, polo que se regulan as Axencias de Colocación.

Iso significa que ampliamos servizos na área laboral coa finalidade de proporcionar ás persoas un emprego adecuado ás súas características e facilitar aos empleadores os traballadores máis adecuados aos seus requirimentos e necesidades.

Servizos

Nesta liña, a través da Axencia de Colocación da CEL, que operará co código 1200000030, valoraranse aptitudes, perfís, coñecementos e cualificaciones profesionais daquelas persoas que requiran os servizos de procura de emprego, en atención aos requirimentos e características dos postos de traballo ofertados polas empresas.

Coa mirada posta en obxectivos de inserción laboral efectiva e máxima atención ás necesidades en materia de emprego das empresas, desenvolveranse accións de orientación laboral, información profesional, avaliación de competencias profesionais e selección de persoal, tanto a nivel individual como grupal.

Poderán ser usuarios deste servizo os demandantes de emprego, previa solicitude do mesmo a través dun apartado específico que se habilitará proximamente nesta páxina web, como as empresas que desexen formular ofertas de emprego, acceder á bolsa de emprego da Confederación ou a servizos de selección de persoal.

UTE

Por outra banda, tamén nos atopamos nestes momentos en proceso de formalización dunha UTE (Unión Temporal de Empresas) con outro vinte confederacións e federacións empresariais de toda España para a celebración dun acordo marco cos Servizos Públicos de Emprego, a fin de colaborar cos mesmos na atención de persoas desempregadas e fomentar a mellora das súas posibilidades de inserción laboral. A formalización deste acordo suporá ampliar os servizos que se ofertarán, tanto a persoas en situación de desemprego como a empresas ofertantes, a través da axencia de colocación.