Escrito o:
Novos cursos da CEL con CEOE e Cepyme
Dende a nosa área de Formación estamos a preparar a posta en marcha de cinco novos cursos, dirixidos neste caso a traballadores en activo e autónomos (ver detalles de colectivos ao final desta entrada) e organizados no marco dos plans intersectoriales de formación de CEOE e CEPYME, financiados polo Servizo Público de Emprego.
En concreto, no marco desta nova programación impartiranse, na modalidade de formación mixta (combina teleformación con horas presenciais ?cinco xornadas en total por curso-), tres cursos sobre "Emprender un negocio", así como, na modalidade de teleformación, dous cursos máis, un sobre "Marketing Empresarial" e outro sobre "Liderado de Equipos" (descargar programas completos ao final desta entrada).
O número total de horas de cada curso é de 60 e o de prazas, 85 (15 para cada un dos cursos de "Emprender un Negocio" e 20 para os restantes).
Os cursos impartiranse a partir da segunda quincena de marzo (comunicarase planning final con datas en breve), aínda que o proceso de inscrición xa está aberto:
INSCRIBIRME NOS CURSOS ‘EMPRENDER UN NEGOCIO’
INSCRIBIRME NO CURSO ‘MARKETING EMPRESARIAL’
INSCRIBIRME NO CURSO ‘LIDERADO DE EQUIPOS’
Obxectivos
Dende a CEL buscamos con esta nova programación proporcionar unha alternativa adicional de formación en Lugo, que se suma á xa tradicional oferta formativa que impartimos a través dos plans de formación intersectoriales deseñados a nivel autonómico, así como a formación AFD, dirixida preferentemente a desempregados.
Nesta liña, os cursos programados abordan temáticas de especial interese formativo na actualidade: a de capacitación de emprendedores e a de mellora da competitividade empresarial, afondando nun mellor coñecemento das áreas estratexia e mercadotecnia e en recursos humanos.
Colectivos
Respecto dos destinatarios destes cursos, poderán participar traballadores do réxime xeral (RG), fixos descontinuos en períodos de non ocupación (FD), regulación de emprego en períodos de non ocupación (RE), traballadores do réxime xeral agrario por conta propia (AGP) e por conta allea (AGA), traballadores do réxime especial de autónomos (AU), empregados de fogar (EH), traballadores con convenio especial coa Seguridade Social (CESS), traballadores a tempo parcial de carácter indefinido nos seus períodos de non ocupación (con traballados descontinuos - FDI), traballadores incluídos no réxime especial do mar (TM) e mutualistas de Colexios Profesionais non incluídos como autónomos. Os traballadores de Administracións Públicas non poderán superar o 10% do total do alumnado.