Voltar atrás

Escrito o:

Axudas Internacionalización 2014

As empresas galegas interesadas na actualidade en abrirse a novos mercados no exterior teñen acceso nestes momentos a dous programas de axudas en vigor: o Plan Primex 2014 (Primeira Implantación Promocional Conxunta no Exterior), posto en marcha pola administración autonómica a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), e o Plan ICEX - Next 2014.

As axudas do Plan Primex 2014 poden solicitarse até o próximo día 3 de marzo de 2014, e son apoios que requiren ou ben a cooperacion entre empresas para a posta en marcha de proxectos de exportación, ou ben a participación de organismos intermedios ou agrupacións de organismos intermedios.

Pola súa banda, o Plan ICEX - Next 2014 está dirixido a pemes non exportadoras ou exportadoras ocasionais cun proxecto competitivo para abrirse ao exterior. Este plan contempla asesoramento especializado en materia de internacionalización, así como axudas económicas para o plan de internacionalización, gastos de promoción, gastos para contratación de persoal especializado...

Dende o noso Departamento de Comercio Exterior elaborouse un resumo, accesible na nosa sección de documentación, que detalla contías, conceptos subvencionables, prazos e referencias lexislativas destas axudas. Para máis información e asesoramento, pódese contactar con este Departamento no número de teléfono 982 23 11 50 (servizo só para asociados).