Voltar atrás

Escrito o:

Os empresarios de A Mariña infórmanse sobre a SEPA

Os empresarios de A Mariña reuníronse onte na Casa do Mar ribadense na xornada informativa sobre a zona única de pagos europea, a SEPA, que organizamos coa colaboración de Caixa Rural Galega e ACISA Ribadeo.

Javier Ruiz Castro, xefe de Organización e Sistemas de Caixa Rural Galega, e José Manuel López Marcos, director comercial desta entidade financieira, foron os encargados de impartir a charla na que se abordaron cuestións como o funcionamiento del IBAN, as normas que rexen o novo espacio de transacción europeo SEPA, os beneficios que levan aparelladas, e aquelas cuestións máis importantes a ter en conta para que os negocios estén correctamente adaptados á devandita normativa.

Tamén se comentaron as novidades nos prazos de implantación da SEPA e a posibilidade de convivencia temporal do anterior sistema co actual mentras se completa a transición a este sistema, que entrou en vigor xa o pasado 1 de febreiro, e que as empresas deben ter en conta para os seus procesos de cobro e pago.

Chantada

O municipio de Chantada será o próximo punto de encontro para empresarios, neste caso da zona sur da provincia, que desexen coñecer con maior profundidade a normativa e funcionamento da Single Euro Payments Area. Máis info e inscricións.