Voltar atrás

Escrito o:

Perú, un mercado por explotar

A nosa sede central acolleu onte a xornada informativa 'Investir e establecerse en Perú con éxito', posta en marcha coa colaboración do Grupo Arrivelo, adicado, entroutras actividades, á consultoría internacional, sendo a República de Perú uno dos mercados nos que opera.

No marco deste encontro empresarial, ao que asistiu máis dunha vintena de empresarios, destacouse o amplo abanico de posibilidades que ofrece Perú, un país emerxente con estabilidade política e económica, así como grandes recursos enerxéticos, naturais e mineiros, no que "aínda está todo por facer".

Nesta liña, remarcáronse como sectores de gran interese para o investimento no país o de construción (tanto obra civil como pública), minería, enerxía, telecomunicacións ou alimentación, entre outros.

A existencia dun Tratado de Libre Comercio entre España e Perú, a práctica inexistencia de aranceis neste país, así como requisitos de acceso mínimos, trabas burocráticas practicamente inexistentes e a boa imaxe das empresas españolas neste país facilitan enormemente o investimento e o desenvolvemento de actividade empresarial en Perú.

Destaca, así mesmo, a condición deste país como porta de entrada a outros mercados adxacentes (Brasil, Colombia ou Chile, aos que é máis fácil acceder se a entrada se produce dende Perú).

Ver álbum en Facebook