Escrito o:
A Asociación de Ximnasios lembra a importancia de realizar exercicio físico de forma regular
A Asociación Provincial de Ximnasios e Actividades Físicas de Lugo, que preside José Manuel Gómez Suárez, sinala a importancia de facer exercicio de forma regular como antídoto fronte ás enfermidades físicas e mentais e destaca o potencial das instalacións deportivas privadas da cidade de Lugo para iso, especialmente en épocas de climatoloxía adversa como a actual, que impide a práctica de exercicio no exterior.
Desde o colectivo de ximnasios lémbrase que a práctica habitual de exercicio físico repercute directamente a saúde da persoa, pois leva aparellados beneficios para o sistema nervioso (mellora a función cognitiva), o sistema inmunitario (protexe o corpo de inflamacións), o sistema endocrino ou o musculoesquelético, ademais de axudar a contrarrestar a aparición ou os efectos de determinadas enfermidades como o cancro.
Destaca tamén esta entidade que o ximnasio é un punto de encontro ideal para establecer novas relacións sociais positivas, estimulando o optimismo e un mellor auto-percepción da persoa.
Desde a Asociación lembran o importante papel que as diferentes instalacións deportivas privadas de Lugo cumpren no fomento da práctica de exercicio físico, e animan aos lucenses a coñecelas e achegarse a aquel cuxa especialización se achegue aos seus intereses e necesidades.