Voltar atrás

Escrito o:

Xornada 'Invertir e establecerse en Perú con éxito'

Na difícil situación económica na que nos atopamos dende fai uns anos, a internacionalización amósase como a unha opción para a supervivencia de moitas das nosas empresas.

Mercados emerxentes como os latinoamericanos ofrecen interesantes alternativas á crise para as empresas españolas, polo crecemento das súas economías, estímulos existentes á inversión extranxeira e marcos legais axeitados.

Neste contexto, Perú amósase como un mercado de oportunidades en sectores como o tecnolóxico, medio ambiente, enerxías renovables, construción, obra civil, agroalimentario, tecnoloxías da información... etc.

Para dar a coñecer ás empresas de Lugo as oportunidades de negocio que ofrece o mercado peruano e as posibilidades de inversión nel, dende esta Confederación organizamos a Xornada  “INVERTIR E ESTABLECERSE EN PERÚ CON ÉXITO”, en colaboración con Grupo Arrivelo.

A xornada terá lugar o día 18 de febreiro de 2014, a partir das 19:30 horas, na Sede Central da CEL, en Praza de Santo Domingo 6-8, 2º de Lugo. Pode descargarse o programa completo ao final desta entrada.

A inscrición realizase  exclusivamente online, a través da seguinte ligazón:

 

                                                                            INSCRICIÓN XORNADA PERÚ

 

Máis información a través do número de teléfono 982 23 11 50 (Departamento de Comercio Exterior CEL)

Grupo Arrivelo está formado por cinco empresas que operan nos sectores de Consultoría, Inversión, Servizos e Intermediación, que ten por obxecto asesorar e buscar oportunidades de negocio no ámbito internacional, sendo a República de Perú un dos mercados internacionales nos que opera.